Sobre nós
Fundado en 2019, o Club Waterpolo Coruña Rías Altas adícase á formación de deportistas en waterpolo, promovendo valores coma o esforzo e o traballo en equipo en todas as categorías.


A nosa visión é a de converternos nun referente en Galicia na competición pero, sobre todo, na promoción do benestar mental e emocional a través do deporte.
Familia do Club Waterpolo Coruña Rías Altas
No Club Waterpolo Coruña Rías Altas somos máis que un grupo que adestra xuntos: somos xente que se coida, se anima e se acompaña dentro e fóra da auga. Compartimos paixón polo deporte, ganas de mellorar e moitas horas de esforzo compartido.
Cada adestramento, cada partido e cada viaxe deixa momentos que nos unen e que fan que isto sexa moito máis que un club.


A nosa equipa técnica está formada por dúas pezas fundamentais que traballan da man para construír o presente e o futuro do club: o equipo directivo e o cadro de adestradores.
O equipo directivo está composto polo presidente —xogador en activo do equipo absoluto— e por un grupo de nais e pais de deportistas que comparten un obxectivo común: facer medrar o club e contribuír ao desenvolvemento persoal e deportivo dos rapaces e rapazas, tanto dentro como fóra da piscina. A súa implicación, compromiso e visión son claves para garantir un proxecto sólido, humano e con futuro.
Pola súa banda, os adestradores son a base do día a día deportivo. Cunha formación continua e unha forte vocación, traballan con cada categoría para transmitir valores, mellorar o rendemento e fomentar o compañeirismo e a paixón polo waterpolo.
Xuntos forman un equipo que impulsa o noso club, coidando das persoas e facendo que cada deportista se sinta parte dunha gran familia.
Equipa Técnica
Os/as peques
Categorías prebenxamín, benxamín e alevín














Os/as "medianos"
Categorías infantil e cadete











Os/as maiores
Categoría xuvenil e absoluto masculino e feminino



