an abstract photo of a curved building with a blue sky in the background

Curso gratuito de waterpolo feminino

Es maior de 14 anos? Aprende dende cero e forma parte do noso equipo!

En que consiste?

Este setembro comeza un curso de 3 meses totalmente gratuíto para rapazas nadas no 2011 ou antes que queiran probar un deporte diferente, divertido e en equipo.

Non necesitas experiencia previa. Só bañador, ilusión e ganas de pasalo ben.

Durante setembro, outubro e novembro adestrarás co noso equipo feminino nun ambiente acolledor, acompañado por adestradores e xogadoras que estarán contigo dende o primeiro día.

Que inclúe?

O que vas a atopar neste curso:

blue swimming pool with yellow and black beaded bracelets
blue swimming pool with yellow and black beaded bracelets

🎓 3 meses de adestramentos gratuítos

🏐 Iniciación á técnica e táctica de waterpolo

🎯 Xogos, dinámicas e retos acuáticos

🎉 Eventos sociais e festas co equipo

👕 Camiseta oficial se vés cunha amiga

💳 Só tes que pagar a licenza federativa (seguro)

Onde e cando?

📍 Piscina do INEF (Bastiagueiro – Oleiros)

🗓️ Datas: Setembro, Outubro e Novembro

🕒 Adestramentos 3 días por semana (horarios por confirmar)

an abstract photo of a curved building with a blue sky in the background

Trae unha amiga...

e ambas levaredes unha camiseta de regalo! A que esperas?